martes, 20 de diciembre de 2016

XA REMATA O 1º TRIMESTRE!!!

O primeiro trimestre chega ó seu fin. Como traballo final fixemos unhas eirugas con cartóns de ovo. Este foi o resultado final:
Volveremos coas pilas cargadas para continuar con este proxecto tan interesante!!! E para finalizar... desexámovos unhas felices festas e un bo ano novo!!!

miércoles, 14 de diciembre de 2016

DE EIRUGA A BOLBORETA

Grazas a información que recopilamos a través das cousas que trouxeron as familias e o que atopamos por internet, puidemos facer o noso propio mural sobre o ciclo de vida das eirugas. Para iso, primeiro tivemos que pintar a árbore, para despois pegar os nosos ovos feitos con plastilina blanca. Logo, pegamos as eirugas, cubrimos a pupa con papel celofán e por último pegamos as bolboretas voando polo ceo. Traballamos moitísimo así que espero que vos guste!

martes, 13 de diciembre de 2016

PROXECTO EIRUGAS

Hoxe Hugo, da clase de 4 anos, trouxonos un saltamontes que colleu co seu avó. Estivemos contando cantas patas tiña, se o corpo era largo ou corto... e descubrimos que tamén poñen ovos como as bolboretas e que teñen antenas como as eirugas!! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo con algunhas das fotos. O equipo amarelo tamén estivo buscando información no ordenador da clase para despois poder ensinarlle ao resto de compañeiros os vídeos que atoparon.
Ademais, o noso rincón do proxecto xa vai crecendo. Valeria e a súa familia trouxeron unha eiruga que tiñan nas patas os nomes de todos os compañeiros de clase! E Aina trouxo un mural sobre o ciclo de vida das eirugas. Tamén temos moitos contos novos que falan das eirugas, estamos aprendendo moitísimo! Moitas grazas a todos pola colaboración!

viernes, 2 de diciembre de 2016

PROXECTO EIRUGAS

O noso proxecto das eirugas xa vai comezando. Fixemos unha choiva de ideas para poder ver o que sabemos sobre as eirugas, e despois fixemos unha posta en común para ver que queríamos saber e investigar. Ademais, xa temos a nosa porta decorada, mirad que bonita nos quedou!





jueves, 24 de noviembre de 2016

PROBANDO FROITOS DE OUTONO

O outro día aproveitamos as froitas de outono que compraramos na nosa visita ó mercado para probalas na clase. Probamos noces, castañas, granadas, uvas e mandarinas. Qué ricas estaban!!!

VISITA DUNHA AMBULANCIA

Fai unhas semanas viu visitarnos unha ambulancia. Poidemos entrar dentro e ver os materiais que utilizan. Ademais, os enfermeros foron moi amables e desfrutamos moito. Aquí vos deixamos un pequeno vídeo con algunhas das fotos.

TRABALLOS SOBRE AS EIRUGAS

Xa empezan a chegar os primeiros traballos sobre as eirugas! Moitas grazas a Iker e a súa familia!

martes, 22 de noviembre de 2016

O outro día recibimos unha carta da nosa mascota de clase, Ramona, onde nos pedía axuda para un pequeno problema que lle aconteceu:
Así que entre todos decidimos axudala, pero antes necesitamos investigar e aprender todo o que poidamos sobre as eirugas para poder darlle a Ramona os mellores consellos e a poida curar o mellor posible. Polo que... mans á obra!

jueves, 20 de octubre de 2016



Resultado de imagen de EDUCACION INFANTIL BIENVENIDA
BENVID@S Ó NOSO BLOG!
ESTA É A AULA DE TRES ANOS DA ESCOLA DE VERDUCEDO. NELA OS NENOS E NENAS APRENDEREMOS, ENTRE MOITAS OUTRAS COUSAS, A COMPARTIR EXPERIENCIAS E XOGOS, A CONVIVIR CON OUTROS NENOS E NENAS, A CRECER XUNTOS E A SER CADA VEZ MÁIS AUTÓNOMOS.
PERO SEN DÚBIDA, A APRENDIZAXE MÁIS IMPORTANTE SERÁ A EMPRENDER UN CAMIÑO QUE NOS LEVARÁ A SER PEQUENAS GRANDES PERSOAS.
MOITOS BICOS, A CLASE DE RAMONA.