miércoles, 14 de diciembre de 2016

DE EIRUGA A BOLBORETA

Grazas a información que recopilamos a través das cousas que trouxeron as familias e o que atopamos por internet, puidemos facer o noso propio mural sobre o ciclo de vida das eirugas. Para iso, primeiro tivemos que pintar a árbore, para despois pegar os nosos ovos feitos con plastilina blanca. Logo, pegamos as eirugas, cubrimos a pupa con papel celofán e por último pegamos as bolboretas voando polo ceo. Traballamos moitísimo así que espero que vos guste!

No hay comentarios:

Publicar un comentario