martes, 13 de diciembre de 2016

PROXECTO EIRUGAS

Hoxe Hugo, da clase de 4 anos, trouxonos un saltamontes que colleu co seu avó. Estivemos contando cantas patas tiña, se o corpo era largo ou corto... e descubrimos que tamén poñen ovos como as bolboretas e que teñen antenas como as eirugas!! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo con algunhas das fotos. O equipo amarelo tamén estivo buscando información no ordenador da clase para despois poder ensinarlle ao resto de compañeiros os vídeos que atoparon.
Ademais, o noso rincón do proxecto xa vai crecendo. Valeria e a súa familia trouxeron unha eiruga que tiñan nas patas os nomes de todos os compañeiros de clase! E Aina trouxo un mural sobre o ciclo de vida das eirugas. Tamén temos moitos contos novos que falan das eirugas, estamos aprendendo moitísimo! Moitas grazas a todos pola colaboración!

No hay comentarios:

Publicar un comentario